Jul 16, 2014

BellónMaceiras Quinteto o sábado 19 en Ortigueira


Os galegos BellónMaceiras Quinteto o sábado 19 no Festival de Ortigueira
Entre as sopresas do concerto contarán coa colaboración especial da zanfonista de 9 anos María López Carballo
Os prestixiosos músicos Daniel Bellón e Diego Maceiras, coa formación BellónMaceiras Quinteto, subirán este sábado ao escenario Alameda ás 22:00A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón, ofrecen unha viaxe musical a través de diversos estilos e ritmos de composición propia. Juan Tinaquero, Juan Cabe e Colás Lage, completan a formación do quinteto.

Neste concerto do 30 aniversario do Festival de Ortigueira contarán coa colaboración dunha invitada moi especial, María López Carballo, zanfonista naronesa de 9 anos. María recibe na actualidade clases de zanfona de Germán Díaz, clases de gaita de Daniel Bellón na Escola BellónMaceiras e de Cristian Silva no Conservatorio Xan Viaño de Ferrol (2º grado elemental de gaita) onde tamén é membro do Peque Coro. Foi seleccionada por Carlos Nuñez en decembro de 2012 para participar nun concerto de novos músicos no Auditorio Mar de Vigo.

Daniel Bellón (gaiteiro máis laureado da historia de Galicia, avalado por máis de 40 premios no seu haber) e Diego Maceiras (compositor salientable e un dos acordeonistas máis prestixioso do panorama galego) crean no ano 2005 o dúo BellónMaceiras coa finalidade de profundizar nunha formación pouco desenrolada no eido musical, con dous instrumentos tan representativos na nosa cultura como son a gaita e o acordeón.

Os dous integrantes son músicos de recoñecido prestixio no panorama musical galego cunha larga experiencia como integrantes de grupos de renome ademáis dunha traxectoria consolidada como concertistas en solitario. En setembro de 2010 fundan a Escola de Música BellónMaceiras coa finalidade de achegar a música tanto a nenos coma adultos dende a visión de músicos profesionais e en activo, requisito imprescindible para ser mestre na escola.
No 2006, BellónMaceiras, coa colaboración de Álex Blanco, son un dos finalistas para participar no Escenario Runas 2006 do Festival de Ortigueira. Despois dunha excelente actuación rematan sendo o grupo máis votado co que gañan a participación no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007 .
quinteto BellónMaceiras nace no ano 2007 como unha evolución natural de BellónMaceiras Dúo. Esta nova formación achéganos a unha fusión entre novo folk e músicas do mundo, en que a improvisación ten un papel importante. A gaita e o acordeón, xunto co contrabaixo, guitarra, batería e saxofón ofrecen unha viaxe musical na que diversos estilos e ritmos de amálgama se complementan cunha ampla variedade de composicións propias. Juan Tinaquero (músico en grupos de todo tipo: Miki Nervio & The Bluesmakers, Camerata Piu Bella); Juan Cabe (guitarrista de "Os Cempés", "Tigres del Cañotas", banjo de Mr.Dixie Jazz Band) e  Colás Lage (compaxina o labor de músico independente en formacións e solistas de primeira línea: Whitesnake, The Offspring, Toy Dolls, The Deloreans, Blaze Bayley coa docencia na Escola BellónMaceiras) completan a formación do quinteto BellónMaceiras.

Tanto o dúo como o quinteto ofreceron concertos en sitios como Lorient, Cornouaille, Bruxelas, Xenebra, Colfiorito (Italia), Viana do Castelo, Hannover, Cuxhaven, Lausanne, Newark, Moscow, Varsovia, Argentina, así como nos escenarios de máis prestixio de toda Galicia.