Jun 6, 2014

Os galegos BellónMaceiras Quinteto estarán no Festival de Ortigueira


Outra das incorporacións para o Festival de Ortigueira de este ano é a do Quinteto dos prestixiosos músicos Daniel Bellón e Diego maceiras, coa formación BellónMaceiras Quinteto, creado no 2007.

A gaita e o acordeón, xunto co o contrabaixo, guitarra, batería e saxofón, ofrecen unha viaxe musical a través de diversos estilos e ritmos de composición propia. Juan Tinaquero, Juan Cabe e Miguel lamas, completan a formación do Quinteto BellónMaceiras.

No 2006, BellónMaceiras dúo, coa colaboración de Álex Blanco, son un dos finalistas para participar no Escenario Runas 2006 do Festival de Ortigueira. Despois dunha excelente actuación rematan sendo o grupo máis votado co que gañan a participación no escenario principal do Festival de Ortigueira 2007 .
Actuaron en Lorient, Cornualles, Bruselas, Ginebra, Colfiorito (Italia), Viana do Castelo, Hannover, Cuxhaven, Lausanne, Newark, Moscow, Varsovia, Argentina, así como nos escenarios mais prestixiosos de toda Galicia.

Co quinteto solo lles faltaba Ortigueira, á que chegan este ano, cheos de enerxía e rodeados de músicos e bandas de primeiro nivel.