Mar 12, 2015

Concurso 10º aniversario BellónMaceiras


En BellónMaceiras queremos que participes de forma directa no noso PRÓXIMO DISCO e por iso pedímosche que elixas unha canción para o noso novo cd, un traballo moi especial que conmemora o 10 ANIVERSARIO como dúo.
Mándanos o título do tema, unha partitura ou unha gravación da melodía que che gustaría que gravásemos. As composicións poden ser xa coñecidas ou unha composición propia. O tema debe seguir a liña de BM: tradicional, fusión ou celta.
Envíanos as túas suxestións por Facebook, Twitter ou ao email info@bellonmaceiras.com.
Entre todas as cancións recibidas seleccionaremos o tema gañador. O nome do gañador será incluído nos títulos de crédito do novo CD e recibirá un lote de discos de BM
Graciñas a todos!!!
(Data límite de recepción de propostas 22 de marzo)
Unha aperta,

Gema Abad
Tlf. + 34 654 834 246